Aprende a identificar

Na maioría dos casos de suicidio, antes de consumalo, evidéncianse unha serie de síntomas e signos que posibilitan a detección do risco de suicidio. De aí a importancia de coñecer estes sinais para detectalo e aplicar as pautas de prevención desde a súa contorna máis próxima.

Cada persoa é distinta, polo que non é posible deseñar un patrón fixo de sinais de alerta. A continuación, recompilamos algunhas das que se repiten con máis frecuencia; en calquera caso, o sinal máis evidente son todos aqueles comportamentos ou actuacións que realice a persoa e que se afasten da súa conduta habitual.

Verbalización explícita ou sutil da posibilidade de suicidarse

Por exemplo: “Non ten solución“, “Non vai mellorar nunca“, “Esta vída é un noxo“, “A miña vida non ten sentido“, “Estou soa, non son importante para ninguén“, “Non vallo para nada“, “Gustaríame desaparecer“, “Quero descansar“, “Quero que saibas que en todo este tempo me axudaches moito“, “Sempre te quererei“, etc.

Cambio repentino na súa conduta habitual

Por exemplo: conduta imprudente ou temeraria, falta de enerxía, illamento, descoido na apariencia persoal, alteracións nos patróns do sono ou da alimentación, retraemento social, actitude pasiva, apatía, incapacidade para experimentar pracer, perda de interese ou satisfacción, dificultade de concentración, etc.

Levar a cabo determinados preparativos relacionados coa súa desaparición

Por exemplo: arranxar documentos, pechar asuntos, preparar o testamento, regalar obxectos, chamar a persoas para despedirse, etc.

Recoñecer sentirse só/soa ou illado/a e ser incapaz de aguantalo ou solucionalo

Por exemplo: pensa niso constantemente e non ve ningunha saída á súa situación, transmite sentimentos de impotencia, indefensión, depresión, desesperanza, etc.

Obsérvase ou obtén información de autolesións

Poden ser máis ou menos relevantes.


Se cres que ti ou alguén da túa contorna pode estar en risco, pide axuda.