Se cres que podes estar en risco

1. Se estás en situación inminente de risco.


2. Fala con alguén da túa confianza, amizade ou familiar, se a tes.


3. Acorda unha cita cun ou cunha profesional da saúde mental: psicoloxía ou psiquiatría

Se non sabes a onde ir, podes pedir axuda a familiares ou amizades para que che acompañen no proceso de xestionar unha cita ou che aconsellen a quen acudir.


4. Pide información

É importante entender o que che está pasando, os riscos, as consecuencias e como facerlles fronte.


5. Busca recursos e asociacións


6. Se che resulta de utilidade, crea un plan de seguridade coa axuda dun ou dunha profesional

Elabora o plan de seguridade sempre coa axuda dun ou dunha profesional. Isto serve para reducir o risco doutro intento e podes compartilo con familiares ou amizades de confianza.