Apartado para familiares e persoas achegadas
Se crees que unha persoa da túa contorna está en risco de suicidio, é comprensible que non saibas como actuar. Como persoas non profesionais non temos que soster toda a responsabilidade nestes casos, o mellor é recurrir a axuda profesional. Pero, cando decidimos dar o noso apoio a unha persoa que se atopa en risco suicida, é recomendable ter en conta as seguintes indicacións.

Cando falamos cunha persoa en risco, ás veces, coa mellor das intencións, opinamos ou facemos comentarios que a poden perxudicar. Cando conversdes, intenta ter en conta estas recomendacións:
En calquera caso:
En xeral, convén ser fonte de apoio sempre e cando creamos que hai un risco real de suicidio. Pero debemos ter en conta que non somos profesionais. Por iso, cando existe un risco suicida nunha persoa da nosa contorna, é fundamental contar cunha atención rápida e inmediata por parte dunha persoa profesional da psicoloxía. É importante contar cunha axuda profesional para atender o “antes” do intento de suicidio e tamén o “despois” (en caso de producirse un intento), evitando o desamparo tras a alta hospitalaria.
Por último, tamén é moi importante ter en conta que, ante un risco ou tentativa de suicidio, a familia e as persoas achegadas tamén cargan cun forte sufrimento que debería ser abordado. Nestes casos, é conveniente recibir axuda ou apoio profesional independente á intervención coa persoa que quere ou quixo morrer, xa que moitas veces é necesario eliminar sentimentos de culpa ou outras percepcións erróneas que poidan ter as persoas achegadas.


