Se ti ou algunha persoa achegada se atopa en risco de suicidio, estes son algúns dos recursos nos que podes solicitar axuda
En caso de precisar atención sanitaria, podes acudir ó seu Centro de Saúde ou ó Hospital máis próximo.
Tamén podes chamar a algún dos teléfonos específicos de axuda en caso de suicidio
061
Teléfono de atención ao suicidio en Galicia
024
Teléfono de atención ao suicidio en España
Para máis información, se ti ou ou alguén que coñeces pode estar en risco, lembra que temos en marcha o programa “Conecta coa vida”. Ou podes poñerte directamente en contacto con nós a través do teléfono gratuito 900 102 601, ou escribíndonos a conectacoavida@feafesgalicia.org
