
Que é?
O programa “Conecta coa vida”, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e desenvolvido por Saúde Mental FEAFES Galicia, busca ofrecer información e asesoramento sobre o suicidio a toda a poboación, partindo da base de que o silencio que rodea ao suicidio produce un aumento do estigma, desinformación, incomprensión e dificultades de acceso aos tratamentos de prevención.
O suicidio é un problema multicausal que afecta á sociedade no seu conxunto (educación, traballo, comercio, xustiza, defensa, política, medios de comunicación, etc.). A través deste programa, lévanse a cabo múltiples accións de sensibilización, prevención, detección precoz, coordinación e intervención dende unha perspectiva integral e en coordinación con múltiples dispositivos, entidades, profesionais e diversos sectores da sociedade.
Obxectivo
O obxectivo do programa “Conecta coa vida” é realizar accións de sensibilización, prevención, detección precoz, coordinación e intervención dende unha perspectiva integral para previr e atender a conduta suicida, así como realizar accións de postvención en superviventes.
Persoas destinatarias
O programa vai dirixido a toda a poboación, prestando especial atención aos colectivos vulnerables e persoas con maior risco de desenvolver un problema de saúde mental ou con ideación ou conducta suicida de calquera idade en toda a comunidade galega. Sobre todo a mulleres en situación de violencia, persoas cunha discapacidade, persoas cun diagnóstico de saúde mental e persoas en risco de exclusión.
Onde acudir?
Se cres que ti ou alguén que coñeces pode estar en risco, ponte en contacto con nós no seguinte teléfono gratuíto
Tamén podes escribirnos a conectacoavida@feafesgalicia.org
Ou, se o prefires, podes enviarnos a túa consulta a través do seguinte formulario. Contestarémosche na maior brevidade posible:
Esta campaña foi financiada con cargo aos fondos que foron aprobados no CISNS de data do 23 de xuño de 2023 como apoio á implantación do Plan de Acción de Sáude Mental