
Na maioría dos casos de suicidio, antes de consumalo evidéncianse unha serie de síntomas e signos que posibilitan a detección do risco. Cada persoa é distinta, polo que non é posible deseñar un patrón fixo de sinais de alerta. O sinal máis evidente é todo aquel comportamento ou actuación que realice a persoa que se afaste da súa conduta habitual.
Podemos definir algúns sinais que se repiten con maior frecuencia:
Cambio repentino na conducta habitual (comportamentos ou accións non habituais nin esperables na persoa)
Verbalización explícita ou sutil da posibilidade de suicidarse (“son unha carga”, “gustaríame desaparecer”, “quero descansar”)
Levar a cabo determinados preparativos relacionados coa súa desaparición (despedirse de persoas, deixar mascotas con terceiras persoas, testamento, etc.)
Se cres que ti ou alguén da túa contorna pode estar en risco, pide axuda.
