
Os medios de comunicación son un factor clave para concienciar á poboación sobre este problema de saúde pública e iniciar a súa prevención. Está demostrado que o trato responsable da información sobre o suicidio nos medios axuda a reducir a súa incidencia.
Por iso vos deixamos unha serie de recomendacións para comunicar con responsabilidade sobre o suidicio e contribuir á súa prevención.

Ademais, podes descargar o Manual de apoio a profesionais que elaborou a Confederación de Saúde Mental España e que contén recomendacións para o tratamento do suicidio polos medios de comunicación.
Tamén recomendamos a guía Informa-DOR do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia. Esta guía resume, entre outras cousas, unha serie de cuestións a ter en conta á hora de abordar a información relacionada co suicidio nos medios de comunicación.
