
Os seguintes factores favorecen a creación de contextos nos que é máis difícil que os suicidios se leven a cabo. Non obstante, hai que ter en conta que o cumplimento destas circunstancias non implica necesariamente que unha persoa non desenvolva unha conduta suicida ou realice un suicidio:
Acceso a atención sanitaria
Información responsable por parte dos medios de comunicación
Capacidade para pedir consello e axuda cando xorden necesidades
Detección precoz e atención integral, continua e a longo prazo
Prestación de apoio comunitario e seguimento da atención dispensada a persoas que tentaron suicidarse
Capacitación de persoal sanitario non especializado na avaliación e xestión de condutas suicidas
Relacións persoais satisfactorias / apoio familiar adecuado
Educación para a saúde mental, a prevención e promoción da saúde
Se cres que ti ou alguén da túa contorna pode estar en risco, pide axuda.
